sábado, 24 de diciembre de 2011

Cea navideña

Como ven sendo tradicional nestas datas as socias do Fifty' Club celebraron a súa reunión anual.


Este ano reuníronse no Figón. A pesar dalgunhas doenzas propias da estación invernal todas as socias acudiron á cita na que hai que destacar o riquísimo mazapán con que nos deleitou Mª Carmen Meilán.
Trala cea repartíronse os tamén tradicionais regalitos.




Finalmente chegou o momento por todas esperado da renovación do equipo directivo do noso clube. Por unanimidade felicitouse a presidenta e a secretaria saíntes (Rosa Calderón e Ana Varela respectivamente) pola súa excelente xestión durante todo o ano. Elexíuse nova presidenta, Mª José Ferreiro, quen ten por diante unha dificil tarea dada a altura do listón que recibe. Como secretaria decidíuse que repetira un ano máis Ana Varela xa que a súa xestión dos cartos foi do máis eficaz e, en tempos de crise, xa se sabe ...

1 comentario:

  1. muy bien el reportaje del evento,aunque algunas no salgamos muy favorecidas.El mazapán buenisimo,los regalos estupendos.la presidenta saliente fantástica,la secretaria supereficiente.Vamos ,que este club tiene un gran futuro.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.